jueves, 23 de abril de 2015

Monte de San Pedro

O monte de San Pedro é un dos parques máis famosos da cidade de A Coruña e está situado na afueras da cidade na parte máis alta dun pequeno outeiro, o que lle da unhas vistas impresionantes de toda a baía e da cidade. 
Antigamente era unha zona marxinal por diversas razóns de carácter histórico e de uso. Nun principio por ser propiedade do exército e outra por ser un barrio pobre deixado do resto da cidade. Cando os militares cederon os terreos ao ayuntamento comezaron as obras de rehabilitación.
Toda a zona actualmente está axardinada e dispón ademáis dunha serie de edificios adaptados ao ocio como unha cafetaría, baños públicos, parques para nenos, aparcadoiro... Debido á sua altura ten unhas vistas envidiables que alcanzan dende o Cabo San Adrián e Islas Sisargas hata os cabos Prior e Prioriño, cunha vista especialmente impresionante da Torre de Hercules e da zona da playa de Riazor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario