jueves, 23 de abril de 2015

Xardíns de San Carlos

O Xardín de San Carlos foi construído como castelo defensivo fora das murallas no século XIV e quedaría unido á cidade no XVI. Pouco a pouco foi perdendo importancia como baluarte e, tras estalar o polvorín que contiña, foi abandoado hata que xa en no século XVIII é recuperado como xardín por Don Carlos F. de Croix.



O seu valor radica na súa privilexiada situación dende a que se observa, gracias ao seu mirador, todo o porto de A Coruña, na súa vexetación, e na tumba, un sepulcro planteado como monumento funerario, do xeneral escocés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña en 1809 loitando mentres defendía o embarco do exército inglés frente ás tropas napoleónicas francesas do xeneral Soult.


O Ayuntamento acordou colocar o 14 de xullo de 1927 unhas lápidas que recollen o poema que Rosalía de Castro dedica ao Sir John Moore, en galego e en inglés, que se titula "Na tumba do Xeneral Sir John Moore".


No hay comentarios:

Publicar un comentario